O Departamento de Servizos Sociais do Concello de
Boqueixón ven prestando axudas económicas a colectivos desfavorecidos para
cubrir as súas necesidades básicas.
Estas axudas refírense tanto a necesidades de carácter
persoal como relacionadas con asuntos do fogar.
Este proxecto social do Concello enmarcase dentro
das Axudas económicas para colectivos excluíntes ou en risco de exclusión que
se financian dende a Deputación de A
Coruña.
Para máis información dirixirse o departamento de
Servizos Sociais ou ó teléfono 981 513 106.
ENTREGA DOS RECEPTORES DE SINAL PARA A NOVA TDT
Venres, 23 de Outubro de 2009
O Alcalde de Boqueixón Adolfo Gacio fixo entrega a 15 veciños do concello de un receptor de sinal TDT. Estes utensilios van a
permitir que a partir de hoxe estes fogares poidan recibir e poder adaptarse
a este novo sistema de emisión das imaxes.