Boqueixón fai honra á súa historia como “terra de filloas” e de grandes filloeiros e filloeiras e organiza, xunto coa hostelería do municipio as III Xornadas Gastronómicas da Filloa.

Esta ruta de exaltación da gastronomía celebrarase durante 6 días, do 12 ó 17 de febrero, 6 xornadas ou oportunidades de degustar os bocados máis innovadores e suxerentes con filloas como base da preparación, pero incorporando tamén produtos locais e de tempada da máis alta calidade, como xa veñen sendo recoñecidos (queixo, grelos, carnes, …). O horario de degustación das tapas é de mañán e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h.

Son 8 os establecementos hostaleiros de Sergude e Lestedo que participan: A Taberna d´San Benito, Casa de Xantar Casa Castro, Café Bar Casa Agrelo, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O Rincón de Pepe, Cervexería O Vikingo, Café Bar O´26 e Restaurante Vía da Prata.

Os locais elaborarán exquisitas filloas con variados acompañamentos que farán as delicias da clientela a un prezo de 2 euros.

 

Arriba