Boqueixón ten o agrado de volver a presentar a VI edición da Ruta de Tapas “Que rico estás Boqueixón”, un evento con gran acollida entre o público que ano tras ano nos respalda e nos visita. 

A ruta realízase en 2 fins de semana gastronómicos, o 24, 25 e 26 de novembro e o 1, 2 e 3 de decembro de 2017, en horario de 12:00h.- 15:00h. e de 20:00h.- 22:30h.

 Como en edicións anteriores, cada tapa ten un custe de 1,50 € e poderánse degustar en 11 establecementos hostaleiros de Boqueixón:

ESTABLECEMENTO

TAPA

Casa de Xantar O Imprevisto

Timbal agridoce de xamón e tomate

Café Bar Latino

Espetada de ouro

A Taberna d´San Benito

Costeleta de cordeiro con salsa de inverno

Bar A Barreira

Os tigres

Casa de Xantar Casa Castro

Paspallás confeitada e froitos de tempada

Café Bar "Casa Agrelo"

Niño de luriñas

 

Picado de gambas

Restaurante Vente Vindo

Monte Sacro

 

Boqueixo-marmelo

Café Bar O Rincón de Pepe

Os sete pecados

Cervexería O Vikingo

Airiños do Pico

Café Bar O´26

Caralludo

Restaurante Vía da Prata

Fabada mariñeira

 

Vieiriña peregrina

Os clientes poderán participar no Concurso á Mellor Tapa de Boqueixón 2017 votando por aquela tapa que consideren a máis saborosa e obtando así a conseguir algún dos PREMIOS que se sortearán:

 Os hostaleiros da zona aportan como premios:

(Preciso ter mínimo 9 selos dos establecementos)

-       SORTEOS DE 5 BOTELLAS MAGNUM CORTESÍA DE BODEGA PAZO DO MAR 

-       4 ESTOXOS DE BOTELLAS DE BODEGAS LODEIROS

-       2 SORTEOS DE 50€/ CADA UN EN EFECTIVO 

-       1 SORTEO DE 100€ EN EFECTIVO (Preciso ter mínimo 11 selos dos establecementos)

O Concello de Boqueixón aporta:

-       VALE DE 120€ PARA CANXEAR POR CEA/COMIDA (Preciso ter mínimo 11 selos dos establecementos)

+ info sobre as condicións do Concurso e os sorteos na cartilla de participación.

 

Arriba