BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “Unha mirada ao Entroido”

O concello de Boqueixón, co obxectivo de salientar a importancia destas dúas festas declaradas de interese turístico de Galicia, convoca a primeira edición dun concurso de fotografía destinado a plasmar unicamente a esencia do Entroido tradicional de Boqueixón.

CONDICIÓNS XERAIS:

Poderá participar no concurso calquera persoa profesional ou afeccionado de calquera idade e nacionalidade. A inscrición é gratuíta.

TEMÁTICA:

Establécense dúas modalidades:

  1. Entroido en Sergude: as fotografías reflexarán a idiosincrasia desta festa tradicional (música, personaxes, traxes, desfiles…) e deberán ser obtidas o 11 de febreiro de 2018
  2. Festa da Filloa e Entroido de Lestedo: as fotografías reflexarán a idiosincrasia desta festa tradicional (gastronomía, música, personaxes, traxes, desfiles…) e deberán ser obtidas o 18 de febreiro de 2018

OBRAS:

Cada participante poderá presentar un máximo de 5 fotografías por modalidade.

Cada participante será autor/-a e propietario/-a da súa obra, eximindo á organización de calquera reclamación por plaxio ou calquera infracción da normativa vixente en materia de propiedade intelectual ou dereitos de imaxe en que puidese incorrer.

As fotografías presentaranse en branco/negro ou cor e non poderán ter máis retoques que os básicos de brillo e contraste, non permitíndose as montaxes ou efectos que alteren a realidade.

Non se admitirán obras que poidan ferir sensibilidades ou que atenten contra a dignidade das persoas.

As fotografías non deben ter firma, marca de auga, marco ou calquera símbolo polo que poidan recoñecer ao autor e que sexa alleo á propia fotografía.

ENVÍO:

  1. A inscrición será online en boqueixon.com: cada participante deberá cumprimentar e asinar a folla de inscrición e enviar as fotografías en formato .JPG nun arquivo que leve o nome do título da fotografía, cunha resolución mínima de 2000x1500 px.
  2. O autor/-a das fotografías asume calquera responsabilidade derivada da aparición de persoas recoñecibles na mesma.
  3. O prazo de presentación dos traballos remata as 24:00 h. do 28 de febreiro de 2018.
  4. A organización presupón que os/-as participantes que inscriben as obras presentadas posúen os dereitos das mesmas. En calquera caso, a organización exímese de calquera responsabilidade derivada da infracción desta base.
  5. Todas as fotografías que tomen parte neste concurso serán susceptibles de ser empregadas na promoción turística do concello de Boqueixón e pasarán a formar parte do seu arquivo fotográfico.

SELECCIÓN, FALLO E XURADO:

O xurado fará unha selección de 10 imaxes finalistas entre as que o mesmo xurado elixirá as dúas primeiras en orde de clasificación de cada modalidade.

O xurado estará formado por recoñecidos fotógrafos, técnicos de turismo, que avaliarán as imaxes segundo criterios de creatividade e calidade técnica. O seu fallo será inapelable e resérvanse o dereito de quedar algúns dos premios desertos.

O fallo notificarase persoalmente a os/-as  gañadores/-as e farase público a través do portal web e do Facebook do concello o día 15 de marzo.

PREMIOS:

Establécense dous premios para cada modalidade:

1º Premio: 100 euros e diploma

2º Premio: 50 Euros e diploma

A organización poñerase en contacto coas persoas premiadas para concretar data e hora para a recollida dos premios.

Os gañadores deberán gastar o diñeiro en comercios da localidade e presentar posteriormente no Concello os recibos de compra para cobrar.

ACEPTACIÓN DAS BASES:

A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e do fallo inapelable do xurado. Calquera cuestión non contemplada nestas bases poderá ser resolta segundo criterio da Organización.

Si estás de acordo cas bases e queres participar, fai click no seguinte enlace: PARTICIPAR

 
Arriba