XUVENTUDE BOQUEIXON ESTREA PROGRAMACIÓN PARA O 1º SEMESTRE DO ANO.
|
|
Luns, 23 de Xaneiro de 2012 |
|
A Oficina de Información Xuvenil, OMIX,
do Concello de Boqueixón de publicar e xa comezou a repartir por
todas as casas do concello a programación de actividades para este primeiro semestre
do ano 2012.
2012 comeza cun amplo contido formativo: Cursos de informática, Photoshop. deseño web clase... Tamén teñen o seu espazo as viaxes e intercambios, como o Fin de Semana en San Isidro ou a viaxe o Gran Premio de Moto GP en Estoril.
Ademais de todo isto tamén temos preparadas actividades na natureza: Kaiak, rafting, paintball, rutas en BTT...
Todo esto e moito máis na nova programación da OMIX para este semestre.
Descarga a programación
|
|
GRANDE EXITO DE PUBLICO DO II ENCONTRO DE GRUPOS FOLCLORICOS.
|
|
Luns, 16 de Xaneiro de 2012 |
|
Na xornada de onte tivo lugar o II Encontro de Grupos Folclóricos do Concello de Boqueixón, acto que contou cun grande éxito de público e que permitiu que os 5 grupos de música tradicional do noso Concello presentaran os seus traballo ante todo o público presente. Dende aquí o agradecemento en nome do Concello de Boqueixón a: Pandereteiras de Codeso, o Ghusto do Boi, Van de Varanda, A Requinta de Xián e a Pena do Corvo.
Galería de fotos
|
|
II ENCONTRO GRUPOS FOLCLORICOS
|
|
Venres, 13 de Xaneiro de 2012 |
|
O domingo 15 de xaneiro ás 17:30 horas na casa da cultura de Camporrapado, terá lugar o II encontro de grupos folclóricos do Concello de Boqueixón.
Esta é a segunda edición deste evento, organizado dende o departamento de cultura a fin de dar a oportunidade ós grupos folclóricos do Concello de mostrar ante todos os seus veciños o seu traballo de recuperación e posta en valor da música tradicional galega.
Este ano será 5 os grupos participantes, as Pandereteiras de Codeso, o Ghusto do Boi, Van de Varanda, A Requinta de Xián, que presentará parte do seu novo disco Feita en Rioboó e a Grupo Pena do Corvo de Codeso.
Todos eles mostrarán as seus traballos na tarde do domingo.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 6 de 159 |